A Ribeira Sacra prepárase para o eclipse total de Sol que terá lugar o vindeiro 12 de agosto

A amplitude das paisaxes e a presenza de numerosos miradoiros naturais permitirán ver o eclipse en boas condicións

O eclipse total solar será visible na tarde do 12 de agosto e terá diferentes graos de ocultación segundo o concello. Foto GPR.

A comarca da Ribeira Sacra será un dos escenarios destacados para seguir o eclipse total de Sol previsto para o 12 de agosto de 2026, un acontecemento excepcional que poderá observarse desde boa parte da península. Segundo os datos do Instituto Xeográfico Nacional (IGN), Galicia será das primeiras zonas do Estado en contemplar o fenómeno, que coincidirá co final da tarde.
Na Ribeira Sacra, a amplitude das paisaxes e a presenza de numerosos miradoiros naturais permitirán seguir o eclipse en condicións favorables. O IGN indica que a totalidade será visible en concellos como Monforte de Lemos, Chantada, Sober, Castro Caldelas, O Saviñao, Quiroga, Ribas de Sil, A Pobra de Trives ou Taboada, entre outros. Noutras localidades, o eclipse será parcial pero cun nivel de escurecemento moi elevado, chegando ao 99,99% en municipios como Carballedo, Parada de Sil ou Chandrexa de Queixa.
O fenómeno comezará arredor das 19.31 horas en Galicia, alcanzará o seu máximo sobre as 20.28 e rematará pouco antes das 21.22, coincidindo coa posta de sol. Na Ribeira Sacra, o inicio poderá variar lixeiramente segundo o punto de observación, polo que se recomenda consultar os horarios concretos no visualizador oficial do IGN.
O organismo lembra que o relevo pode influír na visibilidade, xa que montes ou elevacións poden ocultar o Sol no momento de máximo. Por iso, aconséllase escoller lugares con horizonte aberto e revisar previamente a capa de visibilidade dispoñible na ferramenta do IGN.
As autoridades insisten tamén na importancia de empregar protección homologada e evitar métodos caseiros ou dispositivos ópticos sen filtros adecuados. A coincidencia do eclipse co máximo das Perseidas converterá a xornada nunha oportunidade única para a observación astronómica na comarca.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Federación de Asociacións da Ribeira Sacra analiza o revés técnico á candidatura da Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Dos azulexos aos esgrafiados ao longo do Camiño Portugués

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss