Chantada clausura unha nova edición das Escolas Deportivas Municipais

O pavillón acolleu unha exhibición final con ampla participación de alumnado e familias Foto GPCCH.

O Pavillón Deportivo de Chantada acolleu a clausura das Escolas Deportivas Municipais, que desde setembro reuniron 654 persoas inscritas en actividades dirixidas a diferentes franxas de idade. O acto final incluíu exhibicións de baile, ximnasia rítmica e patinaxe artístico, protagonizadas tanto por grupos infantís como por participantes adultos, e contou cunha ampla presenza de familiares e amizades.
O alcalde, Manuel Lorenzo Varela, asistiu á xornada e destacou que “pechamos esta edición con moi boas sensacións”. Desde o Concello agradecen a elevada participación e avanzan que a próxima tempada manterá monitores e instalacións, ademais de incorporar baile profesional para nenas e nenos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello renova a subvención para manter o servizo do CIM

Seguinte Nova

A DO Ribeira Sacra incorpora á bodega Envínate ao seu Consello Regulador

Últimas noticias sobre EVENTOS

Ir aInicio

Don't Miss