Iago López gaña o 2º Concurso de carteis da Feira Guímara

O Concello deu a coñecer o fallo do xurado do 2º Concurso de carteis da Feira Guímara, no que participaron cinco deseños. A proposta gañadora foi Guímaros!!, creada polo veciño Iago López, que destacou pola súa capacidade para representar o espírito reivindicativo asociado á revolta guímara mediante dúas figuras centrais e diversos elementos vinculados á identidade da festa e do territorio. Ademais do cartel vencedor, difundíronse tamén os outros traballos presentados, recoñecendo o nivel artístico e o coidado das propostas. Desde o Concello agradeceron a implicación de todos os autores e autoras, subliñando a elevada participación e a calidade xeral dos deseños participantes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Pobra do Brollón incorpora nova maquinaria para mellorar os servizos municipais

Seguinte Nova

O Concello de Pantón inaugura a súa primeira residencia de maiores

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss