O obradoiro dual SilLor XII xa está en marcha nos concellos de Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil

Vinte persoas desempregadas formaranse durante nove meses en especialidades vinculadas á construción

(Foto RTMQ)

O novo obradoiro dual de emprego SilLor XII iniciou a súa actividade esta semana nos concellos de Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil, nun acto celebrado en Folgoso ao que asistiu o delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, acompañado dos tres rexedores municipais. A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración destina 459.000 euros a esta edición, que permitirá contratar e formar vinte persoas en situación de desemprego.
O programa, promovido polo Concello de Folgoso do Courel e co apoio dos outros dous municipios, desenvolverase ao longo de nove meses e combinará aprendizaxe teórica con prácticas en obras de interese público. O alumnado distribuirase entre as especialidades de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización e Pavimentos e albanelería de urbanización, co obxectivo de mellorar a súa cualificación e facilitar a súa inserción laboral nun sector cunha demanda crecente. Villares destacou que esta iniciativa “abrirá oportunidades laborais para os participantes nun ámbito con elevada necesidade de profesionais”.
No caso de Quiroga, os traballos previstos inclúen o acondicionamento do Centro de Día, a reparación da beirarrúa da estrada LU‑623 e diversas actuacións para mellorar a accesibilidade en Rúa Real, Río Lor e Pereiro. Estas intervencións permitirán que o alumnado adquira experiencia directa en tarefas reais, ao tempo que se executan melloras en espazos municipais.
A iniciativa enmárcase nas políticas autonómicas de impulso á formación para o emprego e reforza a colaboración institucional entre os oncellos participantes, que consideran o proxecto unha ferramenta útil para dinamizar o territorio.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Un novo encontro para solteiros volverá ao Xeoparque Montañas do Courel en xullo

Seguinte Nova

Os centros educativos de Chantada crean obras inspiradas en Manuel Jorge

Últimas noticias sobre EMPREGO

Ir aInicio

Don't Miss