O programa “Descubrir Quiroga” continúa cos seus roteiros turísticos

A iniciativa municipal ofrece novas actividades centradas na historia, a natureza e os produtos locais. Foto RTMQ.

O programa “Descubrir Quiroga”, impulsado pola Concellería de Turismo en colaboración coa Deputación de Lugo, desenvolveu esta semana un roteiro interpretado por Montefurado. A actividade permitiu achegarse ao antigo enclave mineiro romano e percorreu o tramo do Camiño de Inverno que conecta con Albaredos. O grupo visitou tamén un muíño de aceite afectado polo incendio do pasado verán, onde se explicaron elementos tradicionais das construcións das aldeas. A xornada concluíu con dúas catas dedicadas ao aceite de Aceiroga e aos viños da adega Albaredos – Hobss. O programa continuará os días 27 e 28 de xuño cunha visita guiada polos museos locais e un paseo consciente polo río Quiroga. As prazas dispoñibles requiren inscrición previa na Oficina de Turismo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

José Luis Guerin impartirá un taller en Sober e participará nunha proxección ao aire libre

Seguinte Nova

Un novo encontro para solteiros volverá ao Xeoparque Montañas do Courel en xullo

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss