
Máis de trescentos estudantes de Chantada participaron nun proxecto artístico promovido pola Asociación Amigos de Manuel Jorge para achegarse á obra do pintor. O alumnado elaborou creacións propias inspiradas nos seus cadros, planos e fotografías, que se exhibiron nos centros ao final do curso. A presidenta da Asociación, Mercedes Vázquez, entregou diplomas e anunciou que unha selección das pezas integrarase nunha mostra no Auditorio municipal en setembro. A iniciativa busca fomentar o vínculo co futuro museo dedicado ao artista.•





