Pantón encara un intenso calendario cultural para os meses de verán

A programación estival deseñada polo Concello xa está en marcha coa celebración das Xornadas da Rota do Románico, que se prolongarán ata mediados de xullo. A oferta cultural continuará cun calendario que combina música en directo, actividades familiares e propostas de lecer para diferentes idades.
Os venres de xullo concentrarán boa parte das actuacións previstas na Praza do Concello. O programa inclúe concertos con citas protagonizadas por Pepe Piña, o tributo a El Último de la Fila de El Último Burro, o espectáculo de lume e danza Mystic Fire e a proposta musical de A Gramola Ye Ye.
Xunto á programación cultural, o Concello volverá desenvolver os campamentos infantís de verán entre xullo e agosto. As actividades organizaranse por quendas e estarán dirixidas a nenos de distintas idades, cun horario de mañá e servizo madruga para facilitar a conciliación familiar durante o período vacacional. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Rota do Románico enche a igrexa de San Miguel de Eiré no seu primeiro concerto

Seguinte Nova

O libro “Conciencia dunha tradición” reivindica a tradición oleira de Gundivós

Últimas noticias sobre EVENTOS

Ir aInicio

Don't Miss