
A conta atrás para poder visitar e coñecer O lexicón freático xa está en marcha. A exposición, integrada na programación da Trienal Sarria e promovida pola Asociación Cultural Huhu, afronta os seus derradeiros días aberta ao público en A Sede tras a ampliación do calendario inicial. A mostra reúne obras de Bárbara da Fonte, Clo Plas, João Vasco Paiva, Salvador Cidrás e Víctor López, nun proxecto colectivo que combina distintas linguaxes artísticas.
Para facilitar as visitas, a organización reforzou os horarios de apertura durante a última fin de semana. O peche definitivo terá lugar o 3 de xullo cun acto de clausura que porá o broche final a unha proposta que espertou interese entre o público sarrián.•





