A Pinguela III inicia a súa actividade con vinte alumnos en formación

O obradoiro desenvolverase nas especialidades de Carpintería e moble e Pavimentos e albanelería de urbanización. Foto GPCM.

O Concello de Monforte puxo en marcha unha nova edición do Obradoiro Dual de Emprego A Pinguela, que durante os próximos nove meses ofrecerá formación e experiencia laboral a vinte persoas desempregadas. O alcalde, José Tomé, recibiu aos participantes nas instalacións da Escola Obradoiro, onde tamén se incorporou o equipo encargado da dirección, docencia e administración do proxecto.
A iniciativa, financiada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración coa colaboración municipal, combina aprendizaxe teórica e práctica remunerada nas especialidades de carpintería e moble e de pavimentos e albanelería de urbanización. Ademais dos alumnos o programa permite a contratación de persoal técnico e administrativo, sumando un total de 24 postos de traballo.
Durante o acto de presentación, o rexedor animou aos participantes a aproveitar esta etapa formativa para mellorar a súa cualificación profesional e aumentar as posibilidades de acceso ao mercado laboral. O programa inclúe tamén incentivos á contratación que facilitarán a incorporación do alumnado a empresas unha vez rematada a formación.
Os traballos previstos centraranse na mellora das instalacións da propia Escola Obradoiro e na recuperación de espazos afectados polos incendios rexistrados en 2025.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A vaga de calor dispara as alertas e acelera a apertura das zonas de baño no sur lucense

Seguinte Nova

Monforte licita novas obras de mellora viaria no polígono do Reboredo

Últimas noticias sobre EMPREGO

Ir aInicio

Don't Miss