A vaga de calor dispara as alertas e acelera a apertura das zonas de baño no sur lucense

Monforte, Sarria e o resto da Ribeira Sacra permanecen entre as áreas con maior risco por altas temperaturas

Piscinas municipais e praias fluviais prepáranse para recibir a miles de usuarios ante un episodio de calor excepcional. Foto CFM.

A chegada do verán estivo acompañada dunha intensa vaga de calor que colocou boa parte do sur da provincia de Lugo no nivel vermello de alerta por altas temperaturas. Monforte, Sarria, Chantada e os concellos da Ribeira Sacra figuran entre os territorios máis afectados por un episodio que levou os termómetros rexistraron valores próximos aos 39 graos en diferentes puntos do val do Sil e do Miño.
A alerta máxima afecta, entre outros municipios, a Monforte, Sarria, Pantón, Sober, O Saviñao, Ribas de Sil, Quiroga, A Pobra do Brollón, Bóveda, Taboada e Chantada. As previsións meteorolóxicas apuntan a que o calor seguirá sendo intenso durante varios días, con temperaturas moi elevadas nas horas centrais da xornada e noites especialmente cálidas.
A situación coincide co inicio da campaña estival e coa preparación das instalacións de baño municipais. En Pantón e Taboada está prevista a apertura das piscinas esta mesma semana, mentres que en Quiroga, Sober e Chantada ultiman os trámites necesarios para poñelas en funcionamento. No caso do Saviñao, a praia fluvial da Cova é un dos puntos de encontro para facer fronte ás altas temperaturas.
En Monforte foron moitos os veciños que se achegaron ao Club Fluvial ou a distintos espazos da contorna do río Cabe. Tamén en Sarria e noutras localidades do interior lucense increméntase a procura de lugares de lecer vinculados á auga.
As autoridades sanitarias lembran que a exposición prolongada ao calor pode provocar deshidratación, mareos ou golpes de calor. Por iso recomendan beber líquidos con frecuencia, evitar actividades físicas intensas nas horas de maior insolación e permanecer en lugares frescos e ventilados, especialmente no caso das persoas maiores, menores e colectivos vulnerables.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte volve mobilizarse para dar visibilidade á loita contra a ELA

Seguinte Nova

A Pinguela III inicia a súa actividade con vinte alumnos en formación

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir aInicio

Don't Miss