Monforte licita novas obras de mellora viaria no polígono do Reboredo

O Concello destina 150.000 euros á renovación do firme en dúas das principais rúas do parque empresarial

As obras consistirán no fresado do pavimento actual das vías e a aplicación dunha nova capa de rodadura de aglomerado. Foto GPCM.

O Concello de Monforte abriu o proceso de contratación para executar unha nova actuación de mellora viaria no polígono industrial do Reboredo. O proxecto, cun orzamento de 150.000 euros, afecta a un tramo da rúa 1 e á totalidade da rúa 2, cunha superficie próxima aos 7.500 metros cadrados.
Os traballos contemplan o fresado da capa actual e a aplicación dun novo firme de aglomerado en quente, ademais da adaptación de pozos, arquetas e sumidoiros e da renovación da sinalización horizontal.
O alcalde, José Tomé, enmarcou esta actuación dentro da estratexia para reforzar a competitividade do parque empresarial. Lembrou que recentemente foron aprobados tanto o proxecto de ampliación do polígono como a adaptación da rede de saneamento vinculada á futura depuradora, actualmente en execución.
Segundo destacou o rexedor, o Reboredo experimentou unha importante transformación durante a última década, con melloras en iluminación, servizos e viario que favoreceron a ocupación da práctica totalidade das parcelas dispoñibles. O obxectivo é seguir creando condicións favorables para a implantación e crecemento de empresas no municipio.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Pinguela III inicia a súa actividade con vinte alumnos en formación

Seguinte Nova

Galicia ultima un plan integral para reducir o impacto do absentismo laboral

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss