O Conservatorio Mestre Ibáñez abre os seus cursos musicais de verán

O Conservatorio Municipal Mestre Ibáñez de Monforte abriu o prazo de inscrición para os cursos de verán, que se desenvolverán no Edificio Multiusos en horario de mañá. A oferta está dirixida, con carácter xeral, a alumnado desde seis anos e inclúe niveis de iniciación e avanzado.
Cada solicitude permite elixir dúas materias por unha taxa de 25 euros. As reservas poden formalizarse no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica municipal, neste caso pendentes de confirmación por orde de entrada. As clases terán unha duración dunha hora e celebraranse por semanas, entre xullo e agosto.
O programa inclúe violín, piano, guitarra, saxofón, clarinete, frauta doce e travesa, trompeta, trompa, trombón, tuba, gaita, percusión moderna, percusión tradicional galega, canto, pandeireta e linguaxe musical. Para piano será preciso levar auriculares, e o alumnado menor de sete anos deberá achegar pinturas. En percusión moderna, solicítanse baquetas 5A e unha pelota de tenis.
O prazo de inscrición remata o 3 de xullo para as materias que comezan na primeira quenda. Para gaita, percusión tradicional, canto e pandeireta, saxofón, percusión moderna, piano do segundo grupo e linguaxe musical de agosto o límite será o 10 de xullo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Un reencontro para lembrar os anos de formación no Río Cabe

Seguinte Nova

O Programa Activa pecha a súa edición máis numerosa con preto de 800 participantes

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss