O mellor alumnado galego de Bioloxía aprende sobre o terreo no Courel

A visita incluíu xeoloxía, botánica, patrimonio mineiro e paisaxes singulares

Seis estudantes participaron nunha estadía formativa no Xeoparque Mundial da UNESCO.
Foto XMC.

Seis dos mellores estudantes galegos de Bioloxía participaron nunha estadía formativa nas Montañas do Courel, nunha iniciativa do Xeoparque Mundial da UNESCO e do Colexio Oficial de Biólogos de Galicia. O grupo estivo integrado por alumnado destacado nas olimpíadas de Bacharelato e ESO, entre eles Cecilia Fernández, mellor nota da PAU en Galicia.
Durante dous días, percorreron espazos como o Museo Xeolóxico de Quiroga, a dobra de Campodola, a fervenza de Vieiros, o meandro da Cubela e Montefurado, acompañados por especialistas en xeoloxía e bioloxía. A visita permitiulles identificar orquídeas, coñecer pegadas glaciares e achegarse á minería romana. O alumnado valorou a experiencia como unha oportunidade singular de aprendizaxe no territorio.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O IES Daviña Rey despide unha nova promoción de Formación Profesional

Seguinte Nova

O alumnado da ESO do IES A Pinguela goza dunha viaxe ás Rías Baixas

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

Ir aInicio

Don't Miss