A D.O. Ribeira Sacra promociona os seus viños en Bilbao

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra avanzou esta semana no seu calendario de accións promocionais dirixidas a profesionais da hostalería, a restauración e a sumillería. O 6 de xullo celebrouse no Hotel Ercilla de Bilbao unha presentación destinada á Asociación de Sumilleres de Bizkaia, conducida por Juan José Figueroa Treus, presidente da Asociación Galega de Sumilleres e responsable do ciclo formativo impulsado pola denominación. Durante a sesión realizouse un percorrido polas características que definen os viños da Ribeira Sacra e pola singularidade dun territorio marcado pola viticultura heroica. Os asistentes coñeceron catorce referencias elaboradas por dez adegas, con mostras de branco e tinto pertencentes ás colleitas 2020, 2021, 2022, 2024 e 2025, representativas da diversidade varietal da denominación. Esta acción deu continuidade á primeira presentación, celebrada o 18 de xuño en Madrid, que reunira profesionais do sector e obtivera unha resposta moi positiva. “Queremos achegar a identidade dos nosos viños aos prescriptores que inflúen directamente na súa difusión”, sinalaron desde a organización. A través deste programa, o Consello Regulador busca reforzar o posicionamento da Ribeira Sacra en mercados clave e promover o coñecemento das súas elaboracións entre quen desempeña un papel esencial na súa recomendación. Tras a cita de Bilbao, a promoción continuará en Cantabria.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Entrevista a Zahara

Seguinte Nova

A XXX Cata dos Viños da Ribeira Sacra encara a súa fase final

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss