A Noite Meiga estrearase como Festa de Interese Turístico de Galicia

A tradicional danza meiga celebrará os días 28 e 29 de agosto a súa 54ª edición

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares e o vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, participaron na presentación da Noite Meiga xunto con membros da asociación Meigas e Trasgos.
Foto GPXG.

A Noite Meiga de Sarria afronta este verán unha edición especial. A celebración, unha das máis emblemáticas do calendario festivo da comarca, chegará os días 28 e 29 de agosto á súa 54ª edición, a primeira desde a obtención da declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia. [
Nacida en 1971 ao abeiro da asociación cultural Meigas e Trasgos, a cita consolidouse co paso das décadas como unha festa singular na que se mesturan tradición, música, simbolismo e participación popular.
O programa incluirá actividades para o público familiar, a coñecida andaina con fachos polas rúas da vila e varias actuacións musicais. Entre os grupos anunciados figuran De Ninghures, Xosé Lois Romero e Aliboria, Terrae e Broken Peach.
O momento máis esperado volverá ser a Danza da Noite Meiga, unha representación que se converteu no principal sinal de identidade da festa e que cada ano reúne a centos de espectadores.
Segundo destacou a Xunta durante a presentación, o novo recoñecemento turístico abre unha etapa de maior proxección para un evento fondamente arraigado na vida cultural de Sarria.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Antiga Prisión acolle unha ollada fotográfica ao festival Ultreia et Suseia

Seguinte Nova

A Pobra do Brollón celebra a undécima edición da Feira Guímara con teatro, música e artesanía

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss