A XXX Cata dos Viños da Ribeira Sacra encara a súa fase final

O concurso reúne 22 adegas e 64 mostras que competirán polo recoñecemento oficial da Denominación de Orixe. Foto GPDO.

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra desenvolveu as fases previas da XXX Cata dos Viños, unha das citas máis destacadas do calendario enolóxico da comarca. Nesta edición participaron 22 adegas, que presentaron 64 mostras distribuídas en tres categorías: tintos, brancos e viños doutras añadas. O 8 de xullo realizouse o precintado das mostras na Sala de Catas, baixo supervisión notarial, despois de seren recollidas de forma aleatoria polo persoal técnico do Consello Regulador. O 9 de xullo tivo lugar a precata a cegas, na que o panel seleccionou ata dez tintos e seis brancos e viños doutras añadas para acceder á fase final prevista para este venres 10 de xullo ás doce da mañá. As categorías en concurso inclúen Ribeira Sacra Tinto, Ribeira Sacra Súmmum Branco e viños con crianza ou de anos anteriores que non participaran en edicións previas. O panel de cata está formado por oito profesionais expertos en análise sensorial que empregan o sistema oficial da OIV. “Buscamos recoñecer o esforzo das adegas e a calidade das elaboracións”, sinalaron desde a organización. Os premios entregaranse ás sete da tarde no Hotel Iberik Augas Santas, en Pantón, con medallas de ouro, prata e bronce, ademais dun trofeo elaborado en barro polo artesán José Elías González Prieto.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A D.O. Ribeira Sacra promociona os seus viños en Bilbao

Seguinte Nova

O Festival do Viño pecha unha edición de récord con máis público e máis vendas

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss