As altas temperaturas obrigan a extremar a prevención nos centros de traballo

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) mantén activa a campaña Traballo e calor, unha iniciativa orientada a previr os riscos que as altas temperaturas supoñen para as persoas traballadoras durante o verán. O obxectivo é minimizar os casos de estrés térmico, un problema que pode agravarse en actividades ao aire libre, con esforzo físico intenso ou nas que é preciso utilizar equipos de protección.
Entre as recomendacións difundidas figuran realizar pausas periódicas, hidratarse con frecuencia, empregar roupa lixeira e transpirable, protexer a cabeza da exposición directa ao sol e evitar comidas abundantes ou o consumo de alcohol e café durante a xornada. O Issga tamén anima a comunicar de inmediato calquera síntoma relacionado co exceso de calor.
A campaña lembra que as empresas deben adoptar medidas preventivas adaptadas ás condicións meteorolóxicas e ofrece asesoramento técnico para facilitar esa tarefa. Ademais, Galicia colabora coa iniciativa estatal do INSST, que reúne materiais e protocolos para afrontar fenómenos meteorolóxicos extremos e reforzar a seguridade nos centros de traballo..•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A vaga de calor reforza a alerta ante un verán con temperaturas extremas en Galicia

Seguinte Nova

Sarria entra en competición nos Xogos do Eixo Atlántico

Últimas noticias sobre EMPREGO

Ir aInicio

Don't Miss