
O Concello de Bóveda anunciou a programación definitiva correspondente á XXII Feira Outrora de Rubián, prevista para o 14 de xullo. O cartel gañador é obra de Jorge Pastoriza, premiado con cincocentos euros. A feira abrirá ás 10:00 con postos de artesanía, exhibición de motoserra, pasarrúas e degustación de produtos galegos. Haberá concerto da Banda Sons e Soños, obradoiros, demostracións participativas, festa infantil acuática, recreación da malla e o espectáculo final de Antonio Barros.•




