Chantada coordina o operativo de seguridade para a I Subida Ribeira Sacra

A proba, puntuable para o Campionato de España de Montaña, celebrarase entre o 10 e o 12 de xullo. Foto GPDL.

A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, copresidiu xunto co alcalde de Chantada a Xunta Local de Seguridade na que se avaliou o operativo previsto para a I Subida Ribeira Sacra, que terá lugar do 10 ao 12 de xullo. Na reunión participaron representantes da Garda Civil, Tráfico, Policía Local e organización. Analizouse un dispositivo adaptado ao percorrido e ao número de asistentes, co obxectivo de garantir protección para pilotos e público. López destacou a coordinación institucional e lembrou que “a mellor garantía é a responsabilidade compartida”. Tamén se abordaron os plans de seguridade para as festas e eventos pertencentes á programación de verán do concello.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Chantada inicia a programación do Verán Cultural 2026 con propostas para público familiar

Seguinte Nova

Por Chantada renova a súa Coordinadora e marca prioridades para os vindeiros meses

Últimas noticias sobre SERVIZOS

Ir aInicio

Don't Miss