José María Ortiz de Pinedo gaña en Monforte o primeiro Europeo Individual de Pitch & Putt

Foto RFEG

O campo de Golf Río Cabe foio escenario do I Campionato de Europa Individual de Pitch & Putt promovido pola Asociación Internacional de Pitch & Putt (IPPA), unha competición que reuniu en Monforte a 95 xogadores procedentes de cinco países e que concluíu coa vitoria do español José María Ortiz de Pinedo.
O golfista castelán confirmou o seu papel de favorito nun torneo disputado baixo a modalidade scratch, na que todos os participantes completaron 18 buratos diarios ao longo de tres xornadas. Ortiz de Pinedo, actual campión de España absoluto e un dos referentes desta especialidade, asinou voltas de 47, 43 e 47 golpes para un total de 137, un rexistro que lle permitiu impoñerse con claridade aos portugueses Hugo Espírito Santo e Tomás Ribeiro, segundo e terceiro clasificados respectivamente.
A clave da súa vitoria estivo na segunda xornada de competición. Nesa rolda logrou unha das mellores actuacións do campionato, cunha tarxeta once golpes por baixo do par que lle abriu unha vantaxe decisiva de cara ao desenlace da proba. O español mantivo ademais unha gran regularidade durante todo o torneo, rematando as tres voltas con resultados por baixo do par do campo.
A competición contou cunha ampla representación española, con 78 dos 95 participantes inscritos. O resto dos xogadores procedían doutros catro países europeos, o que converteu a cita nun importante escaparate internacional para as instalacións monfortinas.
Entre as participantes femininas, nove xogadoras tomaron parte na competición. Neste apartado destacaron a actuación da golfista local María Eugenia Martínez e da canaria María Velázquez, actual campioa de España de Pitch & Putt, que completaron un notable campionato fronte a algunhas das mellores especialistas da modalidade.
A celebración deste Europeo reforzou a posición de Río Cabe dentro do panorama do pitch & putt estatal. Non en van, as instalacións monfortinas xa acolleran en 2005 o primeiro Campionato de España Absoluto da especialidade, polo que dúas décadas despois volveron converterse nun escenario pioneiro ao albergar a primeira edición do Campionato de Europa Individual impulsado pola IPPA.
A cita deixou ademais unha importante presenza de deportistas, acompañantes e afeccionados durante toda a fin de semana, situando a Monforte no foco do golf europeo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte envía 68 deportistas aos Xogos do Eixo Atlántico

Seguinte Nova

O Pazo de Tor acolle un foro para compartir experiencias culturais

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss