O BNG reafirma o seu rexeitamento á ponte do Malecón e pide á Xunta que paralice o proxecto

O BNG reiterou esta pasada semana a súa oposición ao proxecto da nova ponte prevista sobre o río Cabe, no paseo do Malecón de Monforte, e reclamou á Xunta que paralice definitivamente a actuación. O deputado autonómico Iago Suárez cuestionou a autorización emitida pola Dirección Xeral de Patrimonio e sostivo que a infraestrutura non responde ás necesidades reais de mobilidade da cidade, ademais de supoñer un forte impacto sobre a contorna natural e patrimonial.
Os nacionalistas defenden que existen alternativas para mellorar o tráfico sen executar unha obra que consideran innecesaria e lembran que xa trasladaron esta posición tamén ao Congreso a través do deputado Néstor Rego. Suárez pediu ao Goberno galego que empregue os mecanismos dos que dispón para impedir a construción da ponte.
Por outra banda, o BNG de Monforte respondeu ás críticas pola presenza dos seus representantes na inauguración do Festival do Viño da Ribeira Sacra. O portavoz municipal, Manuel Luaces, asegurou que participar nun acto de apoio ao sector vitivinícola “é perfectamente compatible” coa posición do Bloque respecto ao proxecto urbanístico e coa defensa do Malecón. A formación insiste en que continuará respaldando iniciativas beneficiosas para a cidade sen renunciar á súa oposición ao proxecto da ponte.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Festival do Viño pecha unha edición de récord con máis público e máis vendas

Seguinte Nova

O PP de Monforte acusa ao BNG de manipular a súa posición sobre a ponte do Malecón

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss