
O Plan de Camiños Rurais 2025-2026 permitiu executar en Quiroga varias actuacións de mellora viaria, entre elas o asfaltado da vía que comunica A Ermida con Barxa. Os traballos completáronse tamén en Navín, Agro a Caspedro e Chao da Casa.
A directora xeral de Agader, M. Paz Rodríguez, visitou unha das actuacións xunto ao alcalde, José Luís Rivera. O investimento acadou os 85.000 euros e permitiu acondicionar diferentes accesos empregados pola veciñanza. Durante a visita, a responsable autonómica destacou a importancia de dotar o rural de infraestruturas que contribúan a mellorar os servizos e favorecer a permanencia da poboación no territorio.•




