O PP acusa ao goberno provincial de manter a influencia de Tomé na Deputación

O portavoz popular, Antonio Ameijide, cre que “queda claro que Tomé continúa controlando o goberno provincial e manexando os fíos da Deputación de Lugo”. Foto GPPP.

O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, asegurou que a aprobación do convenio plurianual co Concello de Monforte por importe de 1,8 millóns de euros evidencia que José Tomé continúa tendo peso nas decisións do goberno provincial. Ao seu xuízo, o acordo confirma que PSOE e BNG “seguen negociando con José Tomé” e que o alcalde monfortino conserva unha posición determinante na institución malia deixar a presidencia.
O dirixente popular considera que esta colaboración económica servirá para impulsar actuacións no municipio e cuestiona que se destinen eses recursos nun momento no que, segundo sostén, Tomé debería estar apartado da primeira liña política. Ameijide insiste en que os socialistas continúan apoiándoo tanto no Concello de Monforte de Lemos como na Deputación de Lugo.
O portavoz do PP tamén recuperou o debate sobre a cobertura dos gastos da defensa xurídica de Tomé no procedemento por un presunto caso de acoso sexual. Neste sentido, lembrou que o seu grupo propuxo no pleno impedir que a institución asumise, directamente ou mediante pólizas de seguro, este tipo de custos, unha iniciativa que foi rexeitada pola maioría do goberno provincial.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Semente Ribeira Sacra reúne voces expertas sobre emprendemento rural

Seguinte Nova

O xerente do Sergas inicia no Hospital de Monforte unha rolda de visitas polos centros comarcais

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss