O programa “Descubrir Quiroga” ofrece en xullo actividades de astronomía, natureza e patrimonio

A Concellería de Turismo programa saídas nocturnas, roteiros e propostas deportivas para todos os públicos

O programa “Descubrir Quiroga” da Concellería de Turismo desenvolverá en xullo unha ampla oferta de actividades. O sábado 11 terá lugar “Ceos de Quiroga”, unha saída nocturna pensada para identificar estrelas e constelacións guiada por unha experta en astronomía. O domingo 12 volverá ao calendario o roteiro das fervenzas, cun percorrido polas cinco caídas de auga situadas en Outeiro, A Seara e Vieiros. O día 18 celebrarase “Noites de Lenda”, un paseo nocturno que combinará historias tradicionais e patrimonio local, e tamén unha actividade de iniciación ao piragüismo en Augas Mestas. A última proposta do mes será o roteiro A Toca, previsto para o día 26, centrado na antiga siderurxia do ferro. As inscricións poden realizarse na Oficina de Turismo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Vieiros celebrou unha xornada do Festival Atlántica con narración oral e actividades para todos os públicos

Seguinte Nova

A Festa Interxeracional reuniu centos de familias no Mercado Gandeiro de Chantada

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio