O PSdeG levou ao Pleno unha iniciativa para frear os cambios na atención primaria

A iniciativa pide recuperar o modelo anterior, reforzar o rural e abrir o diálogo cos profesionais sanitarios

O PSdeG saca adiante na Deputación a súa moción contra o decreto da atención primaria.
Foto ARQUIVO.

O Grupo Provincial Socialista logrou sacar adiante no último pleno da Deputación de Lugo unha moción na que reclama á Xunta de Galicia a retirada do decreto que reorganiza a atención primaria os sábados en horario de mañá. A iniciativa foi aprobada cos votos favorables do PSdeG, do BNG e do deputado non adscrito, mentres que o Partido Popular se posicionou en contra da proposta durante o debate plenario.
O texto defende a recuperación do modelo asistencial anterior ao considerar que a nova regulación supón un recorte na atención sanitaria de proximidade, ao concentrar a actividade nos Puntos de Atención Continuada (PAC) e reducir a asistencia prestada nos centros de saúde durante as mañás dos sábados. Segundo os socialistas, esta reorganización afecta de maneira especial aos concellos do rural, onde o envellecemento da poboación, a dispersión xeográfica e a falta de transporte fan máis difícil o acceso aos servizos sanitarios.
A moción aprobada sostén tamén que o decreto foi elaborado sen consenso cos profesionais da sanidade e advirte de que incrementa a presión asistencial sobre uns PAC que xa funcionan con importantes limitacións de persoal. Neste sentido, a Deputación reclama a creación dun grupo de traballo no que participen representantes da atención primaria e destes dispositivos para avaliar as necesidades reais do sistema e formular propostas consensuadas que permitan mellorar a asistencia.
Outro dos puntos recollidos na iniciativa fai referencia á necesidade de reforzar a planificación sanitaria durante os meses de verán. O texto lembra que a provincia experimenta un importante aumento de poboación debido ao turismo, ao regreso temporal de emigrantes e á celebración de festas e eventos, circunstancias que elevan a demanda asistencial en numerosos municipios. Por iso, solicita que se habiliten recursos específicos para afrontar ese incremento de actividade sen deteriorar a calidade do servizo.
A proposta tamén insta ao Goberno galego do Partido Popular a situar o equilibrio territorial entre as prioridades da súa política sanitaria, reforzando a presenza de profesionais e servizos nas zonas con maiores dificultades demográficas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PP de Monforte acusa ao BNG de manipular a súa posición sobre a ponte do Malecón

Seguinte Nova

O Pladiga 2026 reforza a prevención con máis tecnoloxía, persoal e un investimento récord de 213 millóns de euros

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss