A exposición, centrada no retrato en branco e negro, reúne traballos realizados entre 2017 e 2022 e pode visitarse no horario de verán da biblioteca

A Biblioteca Pública Municipal do Saviñao exhibe desde o 7 de xullo a mostra fotográfica “Disparando cos meus ollos”, do ferrolán Carlos Muíños. A exposición, centrada no retrato en branco e negro, reúne traballos realizados entre 2017 e 2022 e pode visitarse no horario de verán da biblioteca. Muíños participou en diversas exposicións internacionais e publicou en revistas especializadas de fotografía artística. Ademais, na segunda quincena de xullo está previsto un obradoiro para adultos sobre a creación de bolsos infantís con cariñas, cun máximo de dez prazas e un custo de vinte e cinco euros. As inscricións poden formalizarse na biblioteca ou no teléfono 982452324.•




