Sarria entra en competición nos Xogos do Eixo Atlántico

(Foto GPCS)

Tras a cerimonia inaugural celebrada en Santiago de Compostela, os deportistas sarriáns iniciaron esta semana a súa participación nos XVI Xogos do Eixo Atlántico, un encontro que reúne a máis de dous milleiros de mozos procedentes Galicia e do norte de Portugal.
A representación de Sarria compite con equipos de baloncesto masculino e feminino. A expedición recibiu o apoio do alcalde, Claudio Garrido, mentres que o concelleiro de Deportes, Félix Seijas, acompañou á delegación unha vez chegada á sede das competicións.
Os Xogos do Eixo Atlántico, combinan deporte e convivencia entre a mocidade participante, converténdose nun dos principais encontros deportivos transfronteirizos da península.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

As altas temperaturas obrigan a extremar a prevención nos centros de traballo

Seguinte Nova

A Antiga Prisión acolle unha ollada fotográfica ao festival Ultreia et Suseia

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss