Semente Ribeira Sacra reúne voces expertas sobre emprendemento rural

A xornada organizada por Semente Ribeira Sacra puxo o foco no emprego e na viabilidade de novos proxectos. Foto GPXG.

O Centro do Viño da Ribeira Sacra acolleu unha mesa redonda organizada pola asociación Semente Ribeira Sacra para abordar as posibilidades de emprendemento e desenvolvemento económico nas contornas rurais. A iniciativa serviu tamén para clausurar o Bono de Asesoramento destinado aos proxectos finalistas da undécima edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra, un programa de acompañamento especializado impulsado coa colaboración da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).
Na mesa redonda “Oportunidades de negocio no rural” participaron representantes institucionais, empresas e emprendedores que compartiron experiencias sobre innovación e creación de actividade económica no rural. A directora xeral de Agader, Paz Rodríguez, destacou as liñas de apoio da Xunta destinadas a impulsar o emprego en sectores non agrarios, unhas axudas que permitiron respaldar 41 iniciativas empresariais, consolidar 474 postos de traballo e crear outros 39 novos.
Durante o encontro tamén se repasaron outras actuacións orientadas a favorecer o desenvolvemento do rural, entre elas o Plan Camiña Rural para mellorar a rede de camiños municipais e os procesos de mobilización e reestruturación de terras impulsados nos últimos anos en Galicia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte contará con 1,8 millóns para novas conexións urbanas

Seguinte Nova

O PP acusa ao goberno provincial de manter a influencia de Tomé na Deputación

Últimas noticias sobre EMPRENDEMENTO

Ir aInicio

Don't Miss