A entidade lembra que a Devesa é un espazo natural urbano de grande antigüidade e destaca que xa existía un peche previo máis lixeiro
A Asociación Veciñal do Saviñao presentou un escrito na Alcaldía para solicitar a eliminación da balaustrada de granito instalada no lado norte da Devesa de Escairón. No documento, a entidade lembra que a Devesa é un espazo natural urbano de grande antigüidade e destaca que xa existía un peche previo máis lixeiro. A asociación indica que a iniciativa de cerrar a zona procede do anterior alcalde, quen impulsara actuacións similares na área da Lama. Ademais, sinala que o novo peche modifica a percepción do conxunto arbóreo e pide que non se continúe coa súa ampliación. Finalmente, solicita ao goberno municipal que retire a estrutura colocada e que non avance no cerramento perimetral deste espazo.•




