A candidatura da Ribeira Sacra chega ao Comité de Patrimonio Mundial coa aposta da Xunta por un expediente reforzado

O Goberno autonómico destaca o investimento en conservación e a singularidade do territorio antes da avaliación en Corea

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, explicou que Galicia presenta unha proposta “sólida, rigorosa e novedosa”. Foto GPXG.

A candidatura da Ribeira Sacra ao recoñecemento da Unesco será analizada esta fin de semana polo Comité de Patrimonio Mundial, reunido na cidade surcoreana de Busán. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, explicou que Galicia presenta unha proposta “sólida, rigorosa e novedosa” que pon o foco na singularidade do territorio e no valor do seu patrimonio hidráulico. Segundo indicou, nos últimos anos investíronse oito millóns de euros en actuacións de conservación e desenvolvéronse noventa intervencións en colaboración con distintas administracións. O conselleiro de Cultura, José López Campos, destacou que esta “candidatura de país” contribuíu a que a Ribeira Sacra “sexan un territorio máis vivo, coidado e recoñecido”. A delegación galega estará encabezada polo director xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes, acompañado polo coordinador da candidatura, Mario Creciente, e contará tamén coa presenza do embaixador de España ante a Unesco, Miquel Iceta, xunto a representantes dos ministerios de Cultura e de Asuntos Exteriores. O Comité avaliará trinta e tres expedientes entre o venres e o luns, e a previsión é que a resolución sobre a proposta galega se coñeza “entre o domingo 26 e o luns 27”, segundo explicou López Campos. A candidatura será examinada por vinte e un Estados membros, que valorarán os atributos excepcionais dun territorio marcado polos seus canóns fluviais, polos sistemas tradicionais vinculados ao uso da auga e pola conservación de infraestruturas como muíños, centrais e saltos. Paralelamente ao proceso técnico, a Xunta desenvolveu actuacións de protección en igrexas, mosteiros, museos, castros e xacementos, co obxectivo de reforzar a posta en valor dun espazo cultural e natural único.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta destaca cinco anos de avances na Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel

Seguinte Nova

O Fancine de Lemos continúa coa competición oficial de curtametraxes

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss