A Cova das Choias recibe ao alumnado do obradoiro tras os traballos de limpeza

A visita permitiu coñecer o valor natural do enclave e os próximos labores de acondicionamento. Foto GPCAPDB.

A Cova das Choias, situada na parroquia de Óutara, foi o destino da visita realizada polo alumnado do obradoiro de emprego despois de concluír a roza do camiño de acceso. Durante o percorrido, os participantes coñeceron as particularidades dun espazo que destaca pola presenza de flora e fauna singulares e que forma parte das rutas municipais incluídas no programa estival Déixate Guiar. Segundo explicou o equipo docente, esta actividade enmárcase na formación práctica que desenvolven ao longo do curso. Nos vindeiros días, o grupo iniciará tarefas de mellora noutros puntos do municipio, entre eles Penas do Castelo, dentro das accións de limpeza en faixas secundarias orientadas á prevención de incendios forestais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sarria e Samos captan axudas para modernizar tres establecementos turísticos

Seguinte Nova

Ferreiros pecha a cuarta edición do festival Brindadeira

Últimas noticias sobre EMPREGO

Ir aInicio

Don't Miss