A achega provincial, superior aos 60.000 euros, permitirá crear un roteiro divulgativo sobre a siderurxia do ferro na Toca, mellorar a sinalización dos recursos turísticos do concello
A Deputación de Lugo aprobou un convenio co Concello de Quiroga para financiar diversas actuacións centradas na posta en valor do patrimonio e na promoción turística. A achega provincial, superior aos 60.000 euros, permitirá crear un roteiro divulgativo sobre a siderurxia do ferro na Toca, mellorar a sinalización dos recursos turísticos do municipio e elaborar un estudo para avanzar na recuperación do Castelo de Novais. O acordo inclúe tamén apoio á programación das actividades de Nadal, orientadas a dinamizar a vida social do concello. García Porto subliñou que “investir onde máis se necesita é unha prioridade deste Goberno provincial”.•




