A Xunta e o Concello de Bóveda analizan o proxecto para acondicionar unha carballeira da localidade

Na reunión abordouse tamén a situación da rede municipal de abastecemento de auga.
Foto GPXG .

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, reuniuse co alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, para analizar o proxecto municipal destinado a acondicionar unha carballeira da localidade e convertela nunha área de lecer para o uso da veciñanza. Durante o encontro, a conselleira destacou a relevancia de promover actuacións que contribúan á preservación dos espazos naturais e animou ao Concello a solicitar as axudas anuais da Consellería, orientadas a impulsar solucións baseadas na natureza. Estas liñas de apoio permiten financiar intervencións en zonas públicas que reforcen a biodiversidade ou axuden a mitigar o efecto illa de calor mediante a creación de espazos con condicións ambientais favorables. Ademais, na reunión abordouse a situación da rede municipal de abastecemento, facendo fincapé na necesidade de reducir perdas de auga. O alcalde explicou que o Concello elaborou un documento técnico que está a ser analizado por Augas de Galicia para avanzar na mellora das infraestruturas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Julio Casas celebrou o seu centenario nun acto organizado pola súa familia

Seguinte Nova

Chantada aproba un crédito para impulsar novas obras e investimentos municipais

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss