
O Concello de Chantada celebrou un pleno extraordinario no que se aprobou unha operación de crédito destinada a financiar diversas actuacións no municipio. A proposta permitirá avanzar na mellora de accesos e na renovación de estradas mediante aglomerado en quente, continuidade dun programa que xa transformou numerosos quilómetros da rede municipal. Entre os investimentos previstos figura a adaptación da antiga casa da Academia como nova Casa Consistorial, así como actuacións en prazas e espazos públicos. Tamén se inclúen partidas para equipamentos urbanos e mobiliario da Biblioteca. Segundo os informes económicos, o Concello mantén débeda cero e conta con capacidade para asumir esta operación.•




