
A parroquia de Ferreiros celebrou os días 18 e 19 de xullo a cuarta edición do festival Brindadeira, organizado polo Concello da Pobra do Brollón xunto coa asociación veciñal e a Área de Cultura da Deputación de Lugo. A programación incluíu a proxección da documental Ao son da nova regueifa, un obradoiro aberto ao público e un concerto de A Voz das Mouras, seguido dunha sesión de La Sincereza DJ. O domingo desenvolvéronse as Brind’Olimpiadas e a II Cata de tortillas, que puxo o punto final á edición.•




