
O pintor e restaurador Francisco Naranjo viaxou a Quiroga para finalizar a colocación dunha sarga monumental sobre o bautismo de Xesús na igrexa de Hospital. A obra, executada con técnica histórica sobre tea sen imprimación, foi concibida especificamente para o baptisterio. Naranjo mantén unha relación estreita coa zona tras diversas intervencións no Santuario de Santa María da Ermida, como a restauración da Virxe dos Remedios ou o deseño da coroa da coroación canónica. A nova peza inscríbese no proceso de conservación do templo iniciado en 2005. A inauguración oficial celebrarase o 17 de agosto, presidida polo director xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes Carballada.•






