Joseba Iraola gaña a primeira Subida Ribeira Sacra e devolve a Chantada ao Campionato de España de Montaña

Foto SRSC

A primeira edición da Subida Ribeira Sacra de Chantada saldouse cun balance positivo tanto no plano deportivo como organizativo, recuperando para a comarca unha proba puntuable para o Campionato de España de Montaña. A competición, celebrada entre o 10 e o 12 de xullo baixo a organización de Chantada RS Motorsport en colaboración coa Escudería Valdeorras, reuniu a algúns dos mellores especialistas da disciplina e atraeu unha importante presenza de afeccionados, especialmente durante a xornada dominical.
O triunfo absoluto foi para o vasco Joseba Iraola, ao volante dunha Nova Proto NP01-2, tras marcar un tempo acumulado de 3:23.610 nas catro mangas disputadas, das que computaban as dúas mellores. O catalán Jordi Vilardell, cunha Nova Proto NP03, terminou na segunda posición, mentres que o ourensán Abraham Vázquez, pilotando unha Osella PA21-JRB, logrou o terceiro posto tras un intenso duelo co lucense José Antonio Alonso Liste, que competía cun Tatuus F3 T-318.
Na Categoría I, José Antonio López Fombona levou a vitoria co seu Audi DTM, remontando na segunda xornada para superar a Bernardo García de Castro. Pola súa banda, Adrián Artidiello dominou con claridade a Categoría III ao volante dun Silver Car S3.
A proba incluíu tamén o Trofeo Exclusive Auto-Talleres Convento para pilotos do ámbito autonómico, no que Yelco Álvarez foi o vencedor, por diante de Jorge Pérez e Alberto Otero.
A recuperación dunha cita do nacional na Ribeira Sacra foi posible grazas ao apoio da Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o Concello de Chantada. A organización destacou o correcto desenvolvemento do dispositivo de seguridade e a elevada resposta do público, nunha estrea que reforza as opcións de continuidade dunha proba chamada a consolidarse no calendario estatal.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

David Argiz logra o bronce na Travesía Costa Serena de Nigrán

Seguinte Nova

Julia Otero levou de novo a Ribeira Sacra ás ondas de toda España

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss