Marco Veiga e Cristina Menéndez impóñense no XIII Descenso Urbano

(Foto MONTERO)

Sarria volveu converterse durante na capital do descenso urbano coa celebración da décimo terceira edición do DHU Vila de Sarria, unha cita que reuniu preto de 300 participantes e numeroso público nas rúas da vila. A competición rematou coa vitoria de Marco Veiga Amado, actual campión de España, e de Cristina Menéndez González na categoría feminina, tras completar un esixente percorrido urbano que este ano estreaba meta na Praza da Vila.
A programación incluíu tamén o Mini DHU para as categorías de base, adestramentos, exhibicións e actividades musicais. A organización destacou a boa acollida do novo trazado, deseñado para concentrar a competición e as actividades nun único espazo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Artelemos volverá reunir en Monforte a 32 artesáns na súa vixésimo sexta edición

Seguinte Nova

O Terra Brava volverá converter O Incio nun referente da música en directo o 15 de agosto

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss