O curso “Queda a pegada” conclúe en Mouricios explorando o esgrafiado de paredes

A Fundación Artesanía de Galicia pecha a actividade impartida por Gloria García Lorca, Loaira Pérez e Carola Carrot. Foto GPXG.

O espazo dos Casares, en San Cristovo de Mouricios, acolleu esta semana a última sesión do curso “Queda a pegada”, organizado pola Fundación Artesanía de Galicia en colaboración coa Galería Vilaseco. A actividade centrouse no esgrafiado de paredes, combinando técnicas tradicionais con linguaxes contemporáneas. As participantes traballaron con referencias populares e artesanais desde o pasado xoves. O curso foi impartido pola artista Gloria García Lorca, pola ceramista Loaira Pérez e pola artesá Carola Carrot, especialistas en creación e procesos materiais. A visita institucional serviu para lembrar a nova liña de apoios destinada a contratos formativos en oficios tradicionais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello renova a iluminación do campo de fútbol de Sangoñedo

Seguinte Nova

Chantada avanza no adecentamento do espazo entre Emilia Pardo Bazán e Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss