O Fancine de Lemos continúa coa competición oficial de curtametraxes

Monforte acolle desde este xoves a duodécima edición do Fancine de Lemos, unha cita dedicada ao cinema fantástico, de terror e ciencia ficción que se desenvolverá ata o domingo en distintos espazos da cidade. O festival iniciou a súa programación coa presentación oficial, a primeira sesión do concurso de curtametraxes e a proxección especial de Scanners, coincidindo co corenta e cinco aniversario da estrea da película de David Cronenberg, á que este ano rende homenaxe o certame.

A actividade continúa hoxe, venres, no Ateneo Casino coa segunda sesión competitiva de curtametraxes e coa proxección nocturna de Scanners III. O sábado celebrarase unha mesa redonda co xurado, unha nova quenda do concurso e a entrega dos premios no Centro do Viño, mentres que o domingo está prevista a repetición das obras gañadoras e a exhibición de Scanners II nos Multicines Hollywood.

Durante toda a fin de semana poderá visitarse tamén no Ateneo Casino a exposición Arcana, inspirada na iconografía dos Arcanos Maiores do tarot e no bestiario medieval. Coa súa programación internacional e a aposta polas novas creacións audiovisuais, o Fancine de Lemos mantense como unha das citas de referencia do cinema de xénero en Galicia.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A candidatura da Ribeira Sacra chega ao Comité de Patrimonio Mundial coa aposta da Xunta por un expediente reforzado

Seguinte Nova

Iker Fernández queda ás portas do podio no Nacional sub-20

Últimas noticias sobre PORTADA

Estamos en Festas

As Festas Patronais de Monforte continúan este venres 14 cunha programación que combina música, tradición e actividades nas rúas. As celebracións deixaron
Ir aInicio

Don't Miss