O novo aparcadoiro impulsa unha nova etapa de crecemento no Reboredo

A apertura coincide coa chegada dun novo taller mecánico á área empresarial

O Polígono Industrial do Reboredo deu este mes un novo paso no seu proceso de expansión coa entrada en funcionamento do novo aparcadoiro municipal e coa apertura do taller mecánico DND, dúas actuacións que reforzan os servizos e a actividade da principal área empresarial de Monforte. A coincidencia de ambos fitos, producidos o mesmo día, foi destacada polo Concello como unha mostra do momento de crecemento que atravesa o recinto industrial.
O novo estacionamento, construído cun investimento municipal superior aos 305.000 euros, ocupa unha superficie de 6.400 metros cadrados e triplica a capacidade da antiga zona de aparcamento. As instalacións dispoñen de 17 prazas para camións e 64 para turismos, ademais de iluminación LED, videovixilancia, zonas verdes, fontes de auga e catro prazas preparadas para a futura recarga de vehículos eléctricos, pendentes da correspondente licitación para a súa posta en servizo.
Coincidindo coa apertura desta infraestrutura, iniciou a súa actividade o taller mecánico DND, promovido por tres socios e especializado en servizos de reparación. O alcalde, José Tomé, asistiu á inauguración do novo taller e resaltou o atractivo do polígono para novos proxectos empresariais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Adif convoca máis de 1.500 prazas na maior oferta de emprego dos últimos anos

Seguinte Nova

O PP de Monforte mobiliza a súa militancia ante o novo curso político

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

CENTRO DE FORMACIÓN AUDIOVISUAL

Publicidade O Centro de Formación Audiovisual do SdeA da Deputación de Lugo imparte formación regrada e non regrada relacionada co eido audiovisual
Ir aInicio

Don't Miss