
O festival Terra Brava celebrará o próximo 15 de agosto u no Incio cun cartel encabezado por Lamatumbá, Xosé Lois Romero & Aliboria e Calle Mambo. A programación arrancará ao mediodía coa sesión vermú da Charanga Bicoia e continuará cun xantar popular, xogos infantís e os concertos previstos desde as 19.30 horas. O recinto contará ademais con zonas habilitadas para acampada e caravanas.
A celebración conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, que mantén o seu apoio aos festivais promovidos polo tecido asociativo para impulsar a música galega e dinamizar a actividade cultural no rural. O Terra Brava consolidouse nos últimos anos como unha das principais citas musicais do verán na comarca, reunindo cada edición centos de asistentes arredor dunha proposta gratuíta que combina cultura, convivencia e promoción do territorio.•






