Sarria e Samos captan axudas para modernizar tres establecementos turísticos

Os apoios forman parte dun programa da Xunta que beneficia a 29 negocios da provincia de Lugo

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares visitou o hotel Alfonso IX de Sarria. Foto GPXG.

Tres establecementos turísticos da comarca recibirán financiamento da Xunta para acometer actuacións de modernización das súas instalacións ao abeiro da convocatoria de axudas promovida pola Axencia Turismo de Galicia. Dous dos negocios beneficiarios están situados no municipio de Sarria e o terceiro en Samos, dentro dun programa que destina na provincia de Lugo máis de 575.000 euros para apoiar un total de 29 empresas do sector.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, informou desta resolución durante unha visita ao hotel Alfonso IX de Sarria, un dos establecementos que accederon ás subvencións para executar obras de renovación e mellora da súa contorna. No conxunto da provincia, os apoios alcanzan a 16 aloxamentos e 13 negocios de restauración distribuídos en dezaoito concellos.
As axudas permiten financiar actuacións destinadas a incrementar a competitividade dos establecementos, entre elas melloras de accesibilidade, medidas de eficiencia enerxética, incorporación de ferramentas dixitais, sistemas de seguridade ou obras para elevar a categoría dos negocios e obter certificacións de calidade turística.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Terra Brava volverá converter O Incio nun referente da música en directo o 15 de agosto

Seguinte Nova

A Cova das Choias recibe ao alumnado do obradoiro tras os traballos de limpeza

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss