Xunta e Deputación discrepan sobre a tramitación das achegas ao Muferga

Alfonso Villares reclama á institución provincial que aclare o seu compromiso coa Fundación dos Ferrocarrís de Galicia

A Deputación de Lugo respondeu ao delegado territorial da Xunta en Lugo, sinalando que manterá o seu compromiso co Muferga e a súa defensa do patrimonio ferroviario galego. Foto ARQUIVO.

A situación das achegas económicas ao Museo do Ferrocarril de Galicia (Muferga) abriu un novo desencontro entre a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo. O delegado territorial e presidente do Padroado da Fundación dos Ferrocarrís de Galicia, Alfonso Villares, remitiu un escrito á institución provincial no que solicita que defina con claridade o seu compromiso coa entidade e faga efectiva a contribución correspondente ao exercicio 2025, lembrando ademais que os representantes provinciais non participan nas reunións do Padroado desde setembro de 2024.
Alfonso Villares sostén que o museo monfortino precisa estabilidade para planificar a súa actividade e considera necesaria a implicación de todas as administracións que forman parte da Fundación. Tamén destacou que o resto dos integrantes do Padroado manteñen o seu respaldo ao proxecto e estudan asumir un maior esforzo económico para afrontar o incremento dos custos de persoal do museo.
A Deputación respondeu mediante un comunicado no que rexeita as críticas e asegura que continúa comprometida coa conservación do patrimonio ferroviario galego. Segundo explica, a achega de 2025 atópase actualmente en tramitación, unha vez recibida a documentación necesaria para iniciar a fiscalización previa ao pagamento, mentres que a correspondente a 2026 aínda non pode formalizarse porque a Fundación non presentou a solicitude polos procedementos establecidos.
En relación coa ausencia na reunión do Padroado celebrada o 30 de xuño, a institución provincial indica que a convocatoria coincidía co Pleno da Deputación de Lugo, circunstancia que impedía a asistencia dos seus representantes, e defende que sempre cumpriu coas súas obrigas como integrante da Fundación.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PP de Monforte mobiliza a súa militancia ante o novo curso político

Seguinte Nova

O Parque Central de Galicia inaugura un verán cheo de propostas familiares en Nugallás

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss