Dez proxectos optan aos premios do Semente Ribeira Sacra

A duodécima edición selecciona iniciativas relacionadas coa tecnoloxía, o sector agroalimentario e o aproveitamento dos recursos do rural

Os finalistas defenderán as propostas o 7 de novembro en Monforte e competirán por 20.000 euros en premios. Foto PSRS.

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra xa ten os dez finalistas da súa duodécima edición, á que concorreron 82 persoas. Delas, 63 completaron a inscrición, con iniciativas ligadas ao rural, á tecnoloxía, á produción agroalimentaria e á economía circular.
O xurado escolleu propostas para transformar leite en derivados artesanais; Reforestatron, un robot para recuperar solos queimados; unha iniciativa para aproveitar o bagazo da uva en produtos de valor engadido; e CNTEK, centrada na detección de micro e nanoplásticos na auga. Completan a relación Alambiqueiros da Sacra Terra, unha destilería ligada ao aproveitamento do bagazo; Data Defend Solutions, dedicada á ciberseguridade para pemes; e AdegaConnect, plataforma para dixitalizar a trazabilidade nas pequenas adegas.
Tamén pasan á final Biocaba, que propón un recubrimento biodegradable antifúnxico para froita; RuralTech Lab 360+, orientado á aplicación de tecnoloxía ao viñedo, á xestión da auga e á actividade agroganadeira; e Marcal Galicia, que pretende transformar cuncha de mexillón en carbonato cálcico para usos agrarios, gandeiros e industriais.
Os promotores dispoñen agora ata o 30 de setembro para entregar os proxectos completos. O xurado citará os finalistas o 7 de novembro no Parador de Turismo de Monforte, onde deberán defender as súas propostas. Os premios entregaranse esa mesma noite durante a cea de clausura.
O certame repartirá 20.000 euros entre os tres primeiros clasificados: 10.000 para o gañador, 6.000 para o segundo e 4.000 para o terceiro. O responsable do proxecto vencedor poderá acceder a un Executive MBA de EF Business School. Os dez finalistas terán, ademais, a posibilidade de participar nun plan formativo durante o primeiro semestre de 2027.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Celega acolle o anuncio de catro millóns máis en axudas á industria agroalimentaria

Seguinte Nova

Galicia reforza a conservación das súas estradas cun investimento récord de 71,5 millóns de euros

Últimas noticias sobre EMPRENDEMENTO

Ir aInicio

Don't Miss