José Manuel Rodríguez abre as Patronais reivindicando o tecido empresarial de Monforte

O director xeral da Cooperativa Lemos-Celega destacou o papel de empresas, autónomos e traballadores no futuro da cidade

Imaxe da lectura do pregón de José Manuel Rodríguez. Foto MONTERO.

O pregón de José Manuel Rodríguez Fernández abriu esta semana as Festas Patronais de Monforte, que se prolongarán ata o domingo 16. O director xeral da Cooperativa Lemos-Celega centrou a súa intervención no papel das empresas, autónomos, gandeiros, comerciantes e traballadores no desenvolvemento económico e social da cidade.
Rodríguez repasou tamén lembranzas persoais das festas e reivindicou as posibilidades de Monforte para captar actividade empresarial e ofrecer oportunidades á mocidade. O pregoeiro dedicou parte do discurso ao sector primario e ao esforzo diario das familias gandeiras.
José Tomé explicou que a elección do empresario pretendía estender o recoñecemento ao conxunto do tecido produtivo local. O alcalde destacou ademais o peso que alcanzaron as Patronais no calendario festivo do interior galego e a súa programación gratuíta. O acto celebrouse na Casa do Concello coa presenza da Corporación e de veciñanza. Rodríguez, responsable tamén de Autos Lemos e Transportes Agustín, reivindicou o emprendemento.
Tras o pregón lanzouse o foguete desde o Campo de San Antonio e quedou inaugurada a iluminación artística. A programación musical comezou coa actuación de De Vacas na Praza de España.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Estamos en Festas

Seguinte Nova

A Casa da Cultura reúne as 40 propostas do concurso de carteis das Patronais

Últimas noticias sobre EMPRENDEMENTO

Ir aInicio

Don't Miss