Estamos en Festas

Marlon actúa o venres as doce da noite na praza da Compañía.
Foto Marlon.

As Festas Patronais de Monforte continúan este venres 14 cunha programación que combina música, tradición e actividades nas rúas. As celebracións deixaron xa varias citas destacadas desde o seu inicio, entre elas o concerto de Miss Caffeina, ademais das actuacións e propostas desenvolvidas nos diferentes escenarios habilitados no centro da cidade.
A música volverá ter un papel protagonista nas xornadas que restan. Marlon será un dos principais reclamos deste venres, mentres que o sábado 15, festividade da Virxe de Montserrat, Monforte celebrará o Día da Patroa cun programa no que se combinarán os actos tradicionais coa oferta musical. Walls será unha das actuacións destacadas da noite.
O domingo 16 chegará outra das citas que cada ano reúne numeroso público, coa presenza da orquestra Panorama. A última xornada manterá así o carácter festivo dunha programación que durante estes días leva a actividade a diferentes puntos da cidade.
As Patronais conservarán tamén algúns dos seus elementos máis tradicionais. Entre eles figuran os espectáculos pirotécnicos, cun protagonismo especial para os fogos sobre o río Cabe no Malecón, unha das citas habituais das festas monfortinas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte estrea a nova fonte entre a expectación cidadá e as críticas da oposición

Seguinte Nova

José Manuel Rodríguez abre as Patronais reivindicando o tecido empresarial de Monforte

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir aInicio

Don't Miss