
A Deputación de Lugo executa en Sober a renovación do firme da estrada provincial LU-P-5905, que conecta Canabal con Penacabreira. A actuación, cun investimento de 47.190 euros, abrangue o primeiro quilómetro da vía e está a ser realizada pola empresa Fevisa Vías y Obras. Os traballos inclúen a limpeza de cunetas, a reparación das zonas deterioradas e a aplicación dun novo pavimento, ademais da reposición da sinalización horizontal. A intervención permitirá mellorar a adherencia dos vehículos, e prolongar a vida útil da infraestrutura. A LU-P-5905 é unha vía esencial para a veciñanza, ao facilitar o acceso ás explotacións, vivendas e servizos do municipio.•






