
O Centro de Saúde da Pobra do Brollón leva meses cunha única praza médica activa tras a xubilación dun facultativo que non foi substituído. A situación empeorou coa baixa da profesional restante, coincidindo co aumento de poboación estival. A cobertura realízase con días soltos, deixando á veciñanza sen atención en varias xornadas. Non hai consultas dispoñibles ata dentro de nove días, cun horario moi reducido. O alcalde, Xosé Lois Maceda, advertiu das consecuencias e denunciou tamén a falta de pediatra.•






