A ruta “Arte no Ar” suma un novo mural e acada xa quince obras en Quiroga

(Foto MONTERO)

A ruta “Arte no Ar” incorporou esta semana un novo mural promovido pola Asociación Quiroga en Marcha, ampliando a quince as obras que conforman este itinerario artístico ao aire libre. O percorrido, que parte da Oficina de Turismo, reúne creacións de diversos autores que representan escenas vinculadas á identidade local, desde figuras da romaría da Ermida ata imaxes relacionadas co Camiño de Inverno, a apicultura ou a memoria comunitaria. A obra máis recente, situada na rúa dos Tallos, rende homenaxe ás persoas afectadas polo incendio que asolou o municipio no ano 2025.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Xunta e Concello analizan novas necesidades de Pantón en materia de augas e residuos

Seguinte Nova

Ribas de Sil abriu unha nova etapa das Conversas de Verán co ciclo “Historias de vida”

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss